R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

Confírmase o diagnóstico inicial da lesión de Guidetti

john-derbi-190317.jpg

 

O dianteiro do RC Celta John Guidetti sofre, tal como diagnosticaron os servizos médicos do club, unha escordadura do ligamento lateral interno do xeonllo dereito, lesión producida durante os primeiros minutos do derbi do pasado domingo.

 

O xogador desprazouse a Estocolmo para ser examinado polos médicos da Selección de Suecia, que xa foran informados previamente o xefe dos servizos médicos celestes, Juan Jose García Cota, sobre os detalles da lesión.

 

O xogador foi sometido hoxe a unha resonancia magnética que confirmou o diagnóstico inicial dos médicos célticos. O tempo de recuperación será dun tres semanas. Guidetti xa iniciou o tratamento en Suecia e regresará a Vigo nos próximos días.

Submit to FacebookSubmit to Twitter
 
 

Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015