R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

Kharkiv acollerá a volta de dezaseisavos da Europa League ante o Shakhtar

metalist1.jpg

 

O partido de volta dos dezaseisavos de final da UEFA Europa League entre o Shakhtar Donetsk e o Real Club Celta disputarase no Metalist Stadium da cidade ucraína de Kharkiv, segundo comunicou a UEFA ao club vigués nas últimas horas a falta da confirmación definitiva. O encontro disputarase as 21.05 horas (hora local). O choque de ida terá lugar no Estadio de Balaídos o día 16 de febreiro ás 19.00 horas.

 

Kharkiv é a segunda maior cidade de Ucraína, cunha poboación próxima ao millón e medio de habitantes e está situada ao nordés do país, moi preto da fronteira con Rusia.

 

metalist2.jpg

Submit to FacebookSubmit to Twitter
 
 

Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015