R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

1980-1990

celta anhos 80

 

O lento regreso ás alturas

Logo dunha tormentosa campaña, con tres presidentes e tres adestradores, o Celta empezaba unha nova tempada en Segunda División B. Cando todos crían que non se podía caer máis baixo, o Celta condenábase a 'os infernos' de categorías menores. Así pois, a tempada 1980-81 foi unha sucesión de viaxes e excursións por toda Galicia, véndose as caras con outros equipos que tamén probaron a amargura do descenso.

 

Chega Milorad Pavic a Vigo

O primeiro que se fixo neste inicio de tempada foi unha reestruturación do persoal. Ficháronse algúns reforzos, e prescindiuse dos servizos doutros xogadores. Ás baixas uniuse a do técnico Pedrito, quen sería substituído polo técnico Milorad Pavic.

 

Pavic chegaba a Vigo, pero houbo que convencerlle de facerse cargo do equipo, xa que o adestrador estaba seguro de que se trataba dun club en Segunda División A. En calquera caso, ao final quedou, e tróuxose consigo ao seu preparador físico, Vorgic. O club vigués lograría o ascenso á categoría de prata ao termo daquela campaña.

 

 

1980-1990 COutro chanzo máis ascendido

Os vigueses iniciaron a tempada 1981-82 cun doce sabor de boca tras o ascenso logrado, e a gran tempada asinada en Segunda B, pero agora tocaba dar un novo paso adiante, subir outro chanzo máis, sen perder de vista o obxectivo final: recuperar a máxima categoría do fútbol español.

 

O Celta empezaba esa tempada cunha débeda de máis de 200 millóns de pesetas. Aínda así se realizaron as oportunas fichaxes mentres que Pavic seguía dirixindo ao equipo. A tempada foi frutífera para o Celta, que a falta de tres partidos para a conclusión da mesma xa se sabía ascendido a Primeira División. Nesa campaña aprobáronse tamén os novos estatutos do club e a inclusión de publicidade nas camisetas.

 

Ao final da tempada concluíronse as obras de remodelación da bancada de Río, que fora voada e substituída por unhas mellores instalacións, xa que Balaídos sería sede dalgúns partidos das eliminatorias do Mundial de Fútbol 82.

 

Tras pechar unha campaña infestada de éxitos iniciábase un novo camiño ao calvario do Celta de Vigo. Cando todo prometía ser de cor de rosa, as cousas torcéronse. O equipo conseguira o ascenso a primeira aínda que a alegría só duraría unha tempada. Ao final do verán o Celta di adeus a un dos xogadores emblemáticos; Manolo 'o gran capitán', cuxos problemas físicos fan imposible que siga no equipo.

 

Descenso escandaloso en Valladolid

A tempada 1982-83 empezou mal e terminou peor. A principios da campaña o Celta xa ocupaba o último lugar na clasificación, e a débeda era tan importante que existían varios embargos pendentes. O ata entón Presidente D.Elías Alonso rego presenta a súa dimisión, e horas máis tarde confírmase a José Luís Rivadulla como novo presidente da entidade celeste, coa intención de endereitar o rumbo. Á marxe do deportivo, o Celta deu un importante paso adiante ao adquirir 60.000 metros cadrados de terreo na Madroa, onde se construirán unhas instalacións deportivas á altura das mellores da Liga.

 

Ao Celta faltáballe un partido e unha oportunidade fronte ao Valladolid. O partido estivo cargado de tensión e ao final o Valladolid non perdoou e ao Celta custoulle a categoría.Os afeccionados que se desprazaron a Valladolid, os que quedaban en Vigo e os directivos choraron amargamente esa noite, e moitos non perdoaron ao equipo a súa actitude nese encontro decisivo. O episodio de Valladolid ferira moitas susceptibilidades e a xunta directiva sancionou aos 13 xogadores que disputaran ese encontro.

 

Máis problemas dentro e fóra do campo

Tempada 83/84. No terreo deportivo, o adestrador Pavic abandonaba a disciplina celeste ocupando o seu posto un galego e celtista de prol, Luís Cid Carriega. A falta dunha ducia de xornadas para terminar o campionato, o Celta atopábase nos postos altos da clasificación, con moitas posibilidades de lograr o ascenso a Primeira División, pero inexplicablemente comezaron a botarse a perder oportunidades, a deixar escapar puntos. O adestrador Cid Carriega presentou a súa dimisión.

 

A Primeira, a pesar das dificultades

O  inicio de campaña do ano 1984 ía supor o comezo dunha carreira brillante cuxa meta era a máxima categoría. O transcurso da liga non podía ser mellor para o Celta, que comezou a sumar puntos e encadeaba un refacho de doce partidos sen perder ata chegar ás últimas xornadas de Liga. A vitoria ante o Mallorca, cando aínda faltaban dous partidos para o final de Liga, supuxo o ascenso matemático dos vigueses. A xente celebrouno ao grande, tanto no seo do club como a afección.

 

 1980-1990 B

 

1985-1986: Nova tempada, novos aprietos

Todo foi de mal a peor, logo de varias xornadas sen gañar, o adestrador, Félix Carnero, era cesado ao acabar o partido en Cádiz, e era substituído por García Traid. Con todo o novo adestrador non puido endereitar o rumbo do equipo, e nin sequera foi capaz de 'controlar' ao vestiario. Logo dunha serie de resultados nefastos, o técnico é destituído, tras ser goleados en Zaragoza, onde o Celta perdeu por 6 goles a cero.  Logo dun novo descenso a Segunda División, iniciaríase un período de crise económica e deportiva no Celta. Seguían os problemas  económicos e a falta de masa social.

 

Crise superada e novo ascenso

Esa tempada houbo cambios na competición e é que se decidiu que os doce primeiros clasificados dividiríanse en dous grupos para loitar polo ascenso a Primeira División, de modo que subirían os primeiros de cada grupo e o segundo que maior puntuación tivese entre a liga e ese 'play off'. De face ao play off, que o Celta disputaría polo ascenso, fichouse ao irlandés Jimmy Fagan, procedente do  Birmingham City; e a baixa inesperada de Lucas obrigou á fichaxe a última hora, de Fernando Barboza, cedido polo Nacional de Montevideo.

 

Finalmente, o Celta conseguiría o ascenso, grazas a derrotar en dúas ocasións ao Deportivo da Coruña, o seu rival máis directo, e tamén ao Málaga, Raio, Castellón e Sestao. O ascenso consumouse en Sestao, ante o equipo dirixido entón por Javier Irureta, e moitos afeccionados recordarán aínda ese día, posto máis de 1.000 celtistas subíronse a un tren ("O tren da esperanza ou do Ascenso") para acompañar ao equipo nese momento tan importante.

 

Annus horribilis para o Celta

A tempada 1988-89 viría marcada para o Real Club Celta por dúas traxedias que aínda non se esqueceron. Nun intervalo de dous meses ocorrían dous episodios luctuosos que quedarán para sempre gravados na historia do club vigués: o accidente que prostrou a Alvelo, novo futbolista céltico, nunha cadeira de rodas, tras un lamentable accidente e o asasinato do xerente do RC Celta, 'Quinocho'. Foi un ano de desgrazas, que non deu malos resultados, con todo, no aspecto deportivo.

 

1980-1990 D

 

VOLTAR AO ÍNDICE

Submit to FacebookSubmit to Twitter
Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015