R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

1930-1940

 

Loitando por recuperar a categoría

A tempada 1930/1931 comezaba con grandes expectativas para os vigueses. O primeiro partido na Terceira División enfrontoulles ao Stadium de Avilés, ao que golearon por 11-3, e a partir de aí case todos os encontros contáronse por vitorias. Os celestes ademais xogaron un máis que digno papel no outro campionato onde estaban presentes: proclamábanse subcampións galegos. O Celta sería campión de Terceira División (Grupo I), o que lle facultó para participar na fase de campións e optar ao ascenso a Segunda.

 

O primeiro adversario ao que tivo que enfrontarse o Celta no torneo promocional á Segunda Division foi o Baracaldo, cos resultados de 0-0 e 1-1. A Federación de Fútbol dispón que se xogue un terceiro partido en campo neutral, que tería lugar en Madrid, onde os celestes impuxéronse por 3 goles a 2, nun partido de infarto, con prórroga incluída. Pero o Celta aínda tiña que superar un último obstáculo: o Recreativo de Huelva. O primeiro partido disputouse en Balaídos e o resultado foi de 4-0, mentres que o partido de volta saldouse cun resultado de 3-0 a favor do equipo andaluz.

 

Nova categoría, novo adestrador

A campaña 1931/1932 iníciase co cambio de adestrador. José Planas faríase cargo do equipo que nesa tempada proclamaríase de novo campión do torneo rexional. Antes de iniciarse a Liga o Celta ficha ao dianteiro arxentino Seijas, procedente do Chacaritas, e prepara a súa 'artillería' para enfrontarse a Betis, Oviedo, Gijón, Atlético de Madrid, Murcia, Coruña, Castellón, Sevilla e Cataluña. Os irregulares resultados do equipo vigués lévanlle a finalizar a campaña en penúltimo lugar, con só dez puntos, e a librarse 'polos pelos' do descenso (nesa tempada descendía o último na táboa clasificatoria, neste caso o Cataluña).

 

A tempada deixou tamén unha excelente participación do RC Celta no Campionato de España. O conxunto celeste chegou ata as semifinais, nas que se tivo que enfrontar ao Barcelona. Os resultados (3-0 e 2-1) volveron descabalgar ao equipo deste campionato.

 

Chega o ídolo, Nolete

A tempada 1932/1933 iníciase para o Celta cun novo cambio no cadro técnico. Chega José María Pena, que en varias ocasións vestiríase o calzón curto e uniríase aos propios xogadores nalgún encontro. A tempada dos celestes non é boa, salvándose do descenso polos pelos. Nesa campaña chegou Manuel Copena Araujo 'Nolete', procedente do Eiriña de Pontevedra. Este dianteiro enseguida fíxose co agarimo dos afeccionados vigueses. Inconfundible no campo, co seu pano branco sempre na cabeza, era un home de gran envergadura que defendeu as cores celestes ata 1943, anotando 96 goles para o Celta.

 

 

 

Outra  vez inxustamente discriminados

O equipo obtén uns resultados excelentes na campaña 34/35. O Celta termina a liga no cuarto posto e unha porta para o ascenso a Primeira ábrese, xa que estaba previsto ampliar o número de clubs. En maio celébrase en Madrid a Asemblea Xeral de Clubs e os representantes celestes acoden coa ilusión de formar parte da máxima categoría; pero para gran sorpresa na reunión decidiuse ascender ao oitavo; o Irún.

 

Un soño feito realidade

O Celta conseguiu un fito histórico na tempada 1935/1936. Logo das dificultades que atravesara, o club iniciou a nova tempada con ganas e ilusión. Un esforzo que finalmente se vería recompensado co mellor dos premios: o ascenso a Primeira División. A pesar de que se empezou con mal pé (perdía 5-1 co Nacional), os seguintes resultados afianzaron a progresión espectacular do equipo. Os celestes clasificáronse na primeira posición da Segunda División, empatados a puntos co Zaragoza, aínda que co 'gol average' favorable. O equipo vigués pasaba a xogar a fase de ascenso, na que tamén sería o mellor. Por fin cumpríase o soño! O Celta xa estaba en Primeira División logo de tantos anos de loitas e inxustizas.

 

Foron numerosas as felicitacións que recibiu neses días o Real Club Celta. Un exemplo foi o telegrama remitido polo Real Madrid, que facía alusión ás constantes pugnas dos vigueses por lograr o que por xustiza lles pertencía. Tamén o Deportivo da Coruña quería felicitar ao seu rival e enviou un telegrama que dicía así: 'A nosa máis sincera e cordial parabén polo brillante triunfo alcanzado para o fútbol galego. Hurra polo Celta!'

 

A guerra civil española: de futbolistas a soldados

Por desgraza non houbo moito tempo para celebracións, xa que co ano 1936 chegaba unha realidade terrible: a guerra civil española. Como consecuencia da contenda moitos xogadores de fútbol, do mesmo xeito que o resto dos homes, foron mobilizados e incorporados a unidades de combate, paralizándose a actividade futbolística.

 

Precisamente foi esa inactividade a que fixo que os directivos do Celta tratasen de buscar algunha solución alternativa (como os torneos amigables) para evitar a desidia entre os afeccionados. Eran tempos difíciles, e durante eses anos de guerra o número de socios do RC Celta pasou de 1200 a tan só 203. Entre 1936 e 1939 o Celta (un equipo formado por xogadores novos da canteira) chegaría a disputar algúns torneos de carácter simbólico, que servirían para tratar de manter vivos os ánimos dunha afección que se envorcou na fase de ascenso.

 

 1930-1940 B

 

O debut na Primeira División

A tempada 1939/1940, na que se reiniciaba a competición de Liga tras o paréntese da guerra, abríase para o Celta con moita ilusión e un gran obxectivo: lograr a permanencia. O club celeste estrea directiva con Pedro Braña Merino á fronte, e novo adestrador, Comesaña.

 

O inicio de tempada estivo marcado polas dificultades económicas: as baixas de socios que deixaran de abonar as súas cotas durante a guerra e o parón na actividade deportiva puxeron de novo ao club contra as cordas. O  Celta debutou en Primeira División enfrontándose ao tamén recentemente ascendido Zaragoza. Os maños levaron a vitoria por 3 goles a 2. Os tres seguintes partidos contáronse por derrotas para o Celta, que conseguiu a súa primeira vitoria na División de Honra o 31 de decembro de 1939 fronte ao Sevilla. Foi un partido intenso, no que o equipo vigués venceu por 4 goles a 1 e no que debutou o jovencísimo xogador vigués Sansón, cando aínda non cumprira os 16 anos.

 

O Real Club Celta tivo que enfrontarse ao seu eterno rival, o Deportivo da Coruña, na promoción para evitar o descenso. O partido disputouse o 15 de maio de 1940, no Campo de Chamartín, tal e como decidira a Federación Española de Fútbol. O Celta aliñou a Alberty, Cons, Varela, Alvarito, Chicha, Nolete, Fontes, Venancio, Piñeiro, Toro e Agustín; nun encontro dirixido polo árbitro Pedro Escarpín. As crónicas da época aseguran que foi un partido vibrante e emocionante, xa que tanto vigueses como coruñeses negábanse a perder vista a División de Honra do fútbol español. Cando xa todo o mundo pensaba que habería que disputar a prórroga, un gol de Nolete abriu as portas da salvación. Por 1-0 levou o Celta a vitoria e salvouse.

 

VOLTAR AO ÍNDICE

Submit to FacebookSubmit to Twitter
Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015