R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

1923-1930

 

O partido de presentación oficial do equipo tería lugar o 16 de setembro de 1923 no Campo de Coia, un encontro no que se enfrontaron dous equipos formados a partir do numeroso persoal que tiña o Club tras a fusión do Vigo Sporting e o Fortuna. 

 

1923-1930 original

 

Primeiros encontros amigables con rivais de entidade

O primeiro partido amigable do club celeste disputouse o 23 de setembro no Campo de Coia, fronte ao Boavista portugués: 8-2 favorable aos vigueses. Posteriormente enfrontaríanse ao campión polaco, o Cracovia, resultando tamén vencedor o equipo galego. O Celta de Vigo, con apenas uns meses de vida, xa empezaba a dar mostras do enorme potencial futbolístico que atesouraba o seu equipo.

 

O Celta debuta en competición oficial

O Celta de Vigo inscríbese por primeira vez nun campionato oficial, o Campionato Galego, o 7 de outubro de 1923. Con escaso número de equipos inscritos na competición rexional (Eiriña de Pontevedra, Unión Sporting e Rácing de Ferrol), os vigueses logran vitoria tras vitoria. As cifras pono de manifesto; 29 goles a favor e tan só 3 en contra, en seis partidos.

 

Debut en competición nacional

O 23 de marzo de 1924 o Real Club Celta de Vigo estreábase por primeira vez nunha competición nacional; a Copa de España. O primeiro encontro enfrontou aos vigueses co posuidor do título nese momento, o Athletic de Bilbao. O partido estivo tristemente condicionado pola actuación do colexiado, o madrileño Larrañaga. Ao final o resultado foi de empate a un despois de que o árbitro anulase inxustamente dous goles ao céltico Correa. O partido de volta en San Mamés foi outro desastre. O Celta perdía por 6 goles a 1, cunha actuación arbitral tamén moi discutida.

 

Por primeira vez ante o Deportivo

Tempada 24-25. O Celta enfróntase por primeira vez ao Deportivo nun torneo oficial. Sería en campo coruñés e os celestes sairían derrotados por 3-0. Pero o partido de volta, celebrado en Coia o 8 de xaneiro de 1925, serviría aos célticos para resarcirse do resultado. Ruiz, Juanito, Pasarín, Benvido, Balbino, Hermida, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Casal formaban o once que logrou derrotar ao Deportivo por tres goles a cero. Ao final de tempada o RC Celta de Vigo facíase de novo co campionato galego, aínda que non sen esforzo e loita, xa que ao final do torneo Celta e Deportivo tiñan os mesmos puntos (16). O "gol average" foi o que decidiu.

 

Un paso frustrado cara ao profesionalismo

A tempada 28-29, na que o Celta proclámase subcampión galego (o título foise para A Coruña), vén marcada pola creación da Liga Profesional de Fútbol en España. A principios do ano 1928 os clubs máis importantes do país ponse a traballar para asumir a profesionalización e a incorporación á Primeira División.

 

Ao Celta negóuselle a súa procedencia. A Federación Española de Fútbol non recoñeceu a orixe dos celestes no Real Vigo Sporting, polo que o equipo vigués viuse condenado a participar nun torneo promocional que lle permitise ocupar unha praza vacante na categoría máis alta do fútbol español. A pesar de chegar ás semifinais do torneo os celestes perderon contra o Sevilla e foron relegados a xogar na recentemente creada Segunda División.

 

Inauguración de Balaídos

Logo de ser aprazado varias veces, o acto de inauguración do novo estadio celebrouse o 30 de decembro de 1928. Asistiron miles de afeccionados de Vigo e comarca. A cerimonia de bendición do estadio foi oficiada polo arcipreste da parroquia de Santa María, o pai Faustino Ande; e o partido inaugural enfrontou ao Real Club Celta de Vigo cun dos equipos máis temidos de España; o Real Unión de Irún. Nese encontro o saque de honra correu a cargo de Carmen Gregorio Espino, filla do que fora alcalde da cidade, Adolfo Gregorio Espino. Os celestes lograron imporse por 7 goles a 0, obra de Graciliano, Chicha, Reigosa, Rogelio, Polo (2) e Losada.

 

 balaidos

 

 Desastroso debut en Segunda

Tras a súa participación nun torneo promocional, os celestes debutan na Segunda División en Balaídos fronte ao Sevilla, cultivando unha derrota que sería unha premonición da desastrosa campaña que protagonizaría o Celta. Ao termo da mesma o equipo vigués clasificaríase en penúltimo lugar, o que provocou o seu descenso.

 

Esta dramática situación desembocou na dimisión da Xunta Directiva, entón presidida por Manuel Prieto González. A pesar de que nun principio a nova directiva do Club negábase a xogar en Terceira División, por ser practicamente o mesmo que competir nun torneo rexional, non tivo máis remedio que aceptalo, aburada polas necesidades económicas.

 

O Celta afrontaba entón dúas competicións: a Terceira División (Grupo I) e o Campionato Rexional. 1930 foi tamén un ano duro para os celestes pola desaparición dun dos principais promotores do club: Pepe Bar.

 

VOLTAR AO ÍNDICE

Submit to FacebookSubmit to Twitter
Patrocinadores
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2017