R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

Carlos Mouriño expón o ‘Proxecto Celta’ nun multitudinario e emotivo acto

presimardevigo1.JPG

 

O enorme interese que xerou entre o celtismo e a cidadanía o "Proxecto Celta" quedou patente esta tarde no Auditorio Mar de Vigo, onde o presidente celeste, Carlos Mouriño, expuxo ante numeroso público as claves dun proxecto que vira en torno ao futuro, o arraigamento e a estabilidade. Á exposición do presidente seguiulle unha unánime, pechada e extremadamente prolongada ovación cos asistentes postos en pé.

 

O auditorio, cun aforamento extraordinario, recibiu con interese a exposición de Carlos Mouriño nun evento que arrincou coa proxección dun emotivo vídeo sobre a evolución do club no últimos dez anos.

 

Tras esta proxección, Carlo Mouriño expuxo con claridade e paixón o proxecto para dotar ao club de futuro, arraigamento e estabilidade. Tras a súa intervención, que tivo como resposta unha ovación interminable, os asistentes tiveron ocasión de expor as súas dúbidas e realizaron numerosas cuestións que o presidente contestou de maneira sincera e diáfana.

 

O multitudinario e emotivo acto pechouse cun fantástico monólogo de Carlos Blanco, moderador do evento.

Submit to FacebookSubmit to Twitter
Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015