R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

Clinics de Semana Santa da Fundación Celta

clinic.jpg

 

A Fundación Celta presenta como cada ano a súa proposta lúdica e deportiva para que os máis pequenos poidan gozar do fútbol durante as vacacións de Semana Santa. A entidade celeste ofrecerá clinics de fútbol para nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade en Vigo, Chapela, Teo, Ourense e Xinzo.

 

En Vigo, a actividade terá lugar os días 10 e 11 de abril no Campo federativo de Coia, unhas instalacións de gran calidade e de fácil acceso para as familias. En horario de entrada dos participantes poderá ser ás  8:45 ou 10:00 e estenderase ata as 14 horas.

 

Ademais este ano estréase un clinic específico para tecnificación en colaboración co Pavillón de Ourense que terá lugar nas súas instalacións o próximo 11 de abril en dous horarios: mañá de 10 a 14 horas e de tarde 16 a 20 horas.

 

Tras o éxito de participación dos clinics celebrados en Nadal, a Fundación Celta prosegue a súa aposta pola formación deportiva de calidade, cos mellores preparadores da canteira celeste, primando o aspecto lúdico e dándolle aos máis pequenos a oportunidade de vivir de preto e aprender coa metodoloxía do RC Celta.

 

SEDES E DATAS CONFIRMADAS

VIGO: 10 e 11 de abril - Campo Federativo de Coira - INSCRÍBETE AQUÍ
CHAPELA: 10 de abril - Campo do Chapela FC - INSCRÍBETE AQUÍ
OURENSE (Tecnificación): 11 de abril - Campo Pavillón de Ourense (Vos Remedios) - INSCRÍBETE AQUÍ
TEO: 10 de abril - Campo da Cañoteira -  INSCRÍBETE AQUÍ
XINZO: 10 ou 11 de abril  - Complexo deportivo da Moreira - INSCRÍBETE AQUÍ

Submit to FacebookSubmit to Twitter
Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015