R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

Cifras espectaculares de asistencia e participación e aluvión de fútbol na 'Primeira Copa Celta'

copacelta1.jpg

 

Varios miles de espectadores, preto de 90 equipos, 140 partidos. Son unhas cifras de participación e asistencia espectaculares que reflicten o éxito da Primeira Copa Celta, un torneo disputado en México por iniciativa de Celta Campeche que xerou unha gran expectación no país centroamericano, onde o nome do Real Club Celta ten cada vez maior presenza.

 

Foron preto de 1.200 os xogadores, nenos e nenas desde o catro anos de idade, que participaron nesta primeira edición dun torneo que ademais dun aluvión de partidos de fútbol ofreceu a participantes e espectadores numerosas actividades complementarias para redondear unhas intensas xornadas de deporte e lecer.

 

No transcurso da Copa Celta, disputáronse durante tres días de maneira ininterrompida e en cinco campos de xogo máis de 140 partidos repartidos en 8 categorías nas modalidades de fútbol 11 e fútbol 8.

 

Ademais, a Fundación Celta realizou unha invitación especial ao mellor xogador da Copa Celta 2017 para adestrar durante dúas semanas nunha das mellores canteiras de España nas instalacións da Madroa.

 

Un dos grandes éxitos deste torneo radica en que un total de 8 xogadores, 5 nenos e 3 nenas, foron convidados a realizar probas co Club Pachuca, e entre eles figuran 2 futbolistas de Celta Campeche. Este feito representa a posta en marcha do convenio de colaboración entre RC Celta e o campión mexicano Pachuca.

 

Ademais, Celta Campeche conseguiu 2 primeiros lugares, 4 segundos e 2 terceiros, un notorio éxito deportivo que se suma ao organizativo.

 

02.jpg

Submit to FacebookSubmit to Twitter

Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015